venres, 7 de decembro de 2018

Definir palabras


A definición consiste na explicación do significado de unha palabra ou expresión. Ten a función de delimitar con precisión o definido, dando a coñecer as súas características, de maneira que o obxecto, o ser ou o concepto non poida ser confundido con outro.

1.- Modos de definir
 Definición por descrición e xeralización.
É a que debemos dar cando se nos pide o significado dunha palabra. Para facer a definición debemos contestar a unha serie de preguntas como: Como é? Para que serve? De que está feito? Se temos que definir un obxecto ou un ser inanimado hai que explicar como é a súa forma, tamaño e cor e indicar a materia de que está formado e o uso ao que se destina. Se o que queremos definir é un animal, indicaremos a especie á que pertence, cal é a súa anatomía, as súas principais formas de vida, os seus costumes.
Algo así:
.- Indica o tipo de obxecto ou ser. Sóese empregar o verbo SER máis unha palabra xeral.
.- Características específicas. Úsanse técnicas descritivas para sinalar as características e propiedades específicas que o diferencian doutros parecidos.
Estes serían os pasos previos á redacción da definición. Deste xeito non esqueceremos ningún dato importante. 

A definición de substantivos concretos consiste pois en describir a realidade designada pola palabra desde o seu aspecto xeral (clase de obxectos á que pertence) até as características específicas que a distinguen doutras do mesmo grupo.

2.- Instrumentos que nos axudan a definir:
a) As palabras-recurso constitúen unha axuda fundamental á hora de definir. Algunhas delas son: OBXECTO, ELEMENTO, UTENSILIO, ARTILUXIO, LUGAR, CONXUNTO, RELACIÓN, SER, RECIPIENTE, CUALIDADE, PRENDA, SENSACIÓN, ÓRGANO, APARELLO, FACULTADE, PERSOA, ACTO, SENTIMENTO, ANIMAL, INSTRUMENTO, MATERIAL, SITUACIÓN, MEDIO, ARTE, PARTÍCULA...
b) As fórmulas para comezar a definición son, entre outras: ACCIÓN QUE CONSISTE EN, MOVEMENTO, ESTADO ANÍMICO (para definir verbos), DISE DE, CALIDADE QUE, EFECTO PRODUCIPO POR, APLÍCASE A, RELATIVO A... 

3.- Características dunha definición correcta:
a) Debe de ser breve e clara.
b) O definido non debe de entrar na definición (*xordeira: é cando unha persoa está xorda)
c) A definición non debe formularse en termos negativos (*pobre é a persoa que non ten cartos)
d) Debe abarcar todas as características esenciais do obxecto ou concepto definido (can:*animal mamífero doméstico- isto tamén pode ser un gato)
e) Hai que evitar empregar expresións do tipo "é cando", "é como"... (orquestra:*é cando varios músicos tocan xuntos)




luns, 3 de decembro de 2018

Determinantes

O adxectivo determinativo acompaña o substantivo, seleccionándoo e delimitando o seu significado.

Os adxectivos determinativos concordan en xénero e número co substantivo ao que acompañan e determinan. Alternativamente, tamén reciben o nome de determinantes (como o artigo). Existen as seguintes clases:


1.- Demostrativos
Posúen un valor deíctico (sinalan a realidade nomeada polo substantivo) e indican a relación de proximidade ou distancia entre a dita realidade e o falante. 


Proximidade Xénero Número
Singular Plural
I masculino este estes
feminino esta estas
neutro isto
II masculino ese eses
feminino esa esas
neutro iso
III masculino aquel aqueles
feminino aquela aquelas
neutro aquilo

CONTRACCIÓNS COAS PREPOSICIÓNS 

EN DE
este
esta
isto
neste
nesta
nisto
deste
desta
disto
ese
esa
iso
nese
nesa
niso
dese
desa
diso
aquel
aquela
aquilo
naquel
naquela
naquilo
daquel
daquela
daquilo

CONTRACCIÓNS CO INDEFINIDO OUTRO
        
As formas dos demostrativos contraen co indefinido outro. As formas resultantes só admiten morfemas de xénero e número no segundo elemento.

singular plural
masculino
feminino
estoutro
estoutra
estoutros
estoutras
masculino
feminino
esoutro
esoutra
esoutros
esoutras
masculino
feminino
aqueloutro
aqueloutra
aqueloutros
aqueloutras


Exemplos:
                               Non quero estes discos, prefiro aqueloutros.
                               Entre eses e esoutros non hai diferen<a.
                                Dáme aqueloutras, que me gustan máis.

 

USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS 

    1- As formas aquel, aquela poden funcionar coma un substantivo e con diferentes significados:
           Ten moito aquel para xogar ao balón ( Moito xeito).
            Preparaba a   comida con moita aquela ( Con moito coidado ).
2- Ás veces úsanse os verbos aquelar e aqueloutrar, con significados moi diferentes segundo o contexto:

            Hasme aquelar esa radio, se fas o favor ( Amañar )
            Desde que se foi vivir fóra anda moi aqueloutrado ( Preocupado )

3- A contracción daquela é moi empregada e ten un dobre valor:
            -Adverbial, equivalente a a entón : daquela bailábase doutro xeito.
            -Valor de conxunción, co sentido de polo tanto: Non estudaches, daquela vas suspender.
4- Nisto, nestas, con estas poden funcionar coma adverbios co significado de: entón, de repente, ó momento de acontecer:
            Prendín o televisor e nisto soou o teléfono.
            Estabamos na praza e nestas botouse a chover.




2- Posesivos
Da mesma maneira que o demostrativo, presenta valor deíctico, seleccionando a realidade designada polo substantivo, do cal indica quen é o seu posuidor.
Por vía de regra, o adxectivo posesivo vai precedido do artigo ou dun demostrativo (o seu chaleco, este meu amigo), agás contadas excepcións:

  • Con nomes de parentesco próximo, a expresar afectividade: meu pai, miña filla.
  • Cando a frase nominal en que se insire o posesivo ten función de vocativo: Non chores, meu rei!
  • Nalgunhas expresións e frases feitas: Meu deus!
  • Cando acompaña nomes de seres únicos, normalmente ligados á tradición católica: Noso Señor (Xesucristo), Nosa Señora (a Virxe María)

Un posuidor Varios posuidores
Persoa Xénero Singular Plural Singular Plural
1.ª persoa masculino meu meus noso nosos
feminino miña miñas nosa nosas
2.ª persoa masculino teu teus voso vosos
feminino túa túas vosa vosas
3.ª persoa masculino seu seus seu seus
feminino súa súas súa súas



VALORES ESPECIAIS DO POSESIVO


        1- As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu, úsanse para expresar pertenza exclusiva ou calidade propia por natureza: ten piso de seu ( pertenza exclusiva ); é xeneroso de seu
                ( ten esa calidade por natureza)
  
     2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo:
                Xogaban con cadanseu balón; as mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza.
  
     3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: está detrás túa ( de ti )
        4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: senta aquí, meu amigo.
        Usados con numerais poden equivaler a unha expresión que indica cantidade aproximada: ata alí haberá os seus setenta quilómetros.



3.- Indefinidos
Expresan unha cantidade de modo impreciso ou refírense a seres, obxectos ou ideas dunha maneira indeterminada ou xenérica:

moitas mazás, algún lapis, demasiado ímpeto

Polo xeral, adoitan clasificarse en cuantificadores e identificadores. Estes son os determinantes indefinidos máis frecuentes

Variables Invariables
moito, moita, moitos, moitas cada
pouco, pouca, poucos, poucas
varios, varias
bastante, bastantes
abondo, abondos, abonda, abondas
ningún, ningúns, ningunha, ningunhas calquera
algún, algunha, algúns, algunhas
tanto, tantos, tanta, tantas
todo, toda, todos, todas



4.- Numerais
Como o seu nome indica, expresan o número concreto de seres, cousas ou ideas. Clasifícanse en dous tipos:
  • Cardinais. Expresan a cantidade exacta de obxectos ou seres indicados polo substantivo: dous niños, catorce anos.
  • Ordinais. Reflicten a orde que ocupa o substantivo: cuarto día, sexto andar.
A seguir, recóllense algunhas formas de numerais, tanto cardinais como ordinais.
 
 

Cardinais Ordinais
1 un/unha primeiro/a
2 dous/dúas segundo/a
3 tres terceiro/a
4 catro cuarto/a
5 cinco quinto/a
6 seis sexto/a
7 sete sétimo/a
8 oito oitavo/a
9 nove noveno/a
10 dez décimo/a
11 once undécimo/a
12 doce duodécimo/a
décimo segundo/a
13 trece décimo terceiro/a
14 catorce décimo cuarto/a
15 quince décimo quinto/a
16 dezaseis décimo sexto/a
17 dezasete décimo sétimo/a
18 dezaoito décimo oitavo/a
19 dezanove décimo noveno/a
20 vinte vixésimo/a


5.- Interrogativos e exclamativos
Os interrogativos preguntan directa ou indirectamente sobre a realidade designada polo nome, mentres que os exclamativos expresan sorpresa, admiración, énfase...
Segundo posúan flexión de número e xénero ou non, poden ser:
  • Variables: cal(es), canto(s), canta(s) (Cantos anos ten?)
  • Invariables: que (Que frío!)
 

luns, 19 de novembro de 2018

O adxectivo

A calidade que expresa o adxectivo pode presentar maior ou menor intensidade. Por exemplo, dos ollos dunha persoa podemos dicir que son azuis, que son moi azuis, que son tan azuis como o ceo, que son os máis azuis de todos os que coñecemos...
Para expresar esa maior ou menor intensidade existen os chamados graos do adxectivo, que son tres:


 Grao positivo  Grao comparativo  Grao superlativo
Expresa unha calidade sen comparala nin intensificala. Compara a mesma calidade atribuída a dous substantivos; ou dúas calidades atribuídas a un substantivo. Expresa a calidade en grao máximo ou mínimo.
 ollos azuis ten os ollos tan azuis como o ceo  (un adxectivo: azuis // dous substantivos: ollos e ceo)
hoxe o ceo está máis gris ca azul (un substantivo: ceo // dous adxectivos: azul e gris)
ollos moi azuis
ollos azulisimos
os ollos máis azuis de todos
Pode ser Comparativo de igualdade: André é tan intelixente coma Xiana Superlativo absoluto: Xiana é moi intelixente
Comparativo de inferioridade: André é menos intelixente ca Xiana Superlativo relativo: Xiana é a máis intelixente da clase
Comparativo de superioridade: André é máis intelixente ca Xiana





A formación do comparativo
 
 IGUALDADE TAN + adxectivo + COMO / COMA + 2º termo
está tan colorado como / coma un tomate 
está tan colorado coma ti
SUPERIORIDADE MÁIS + adxectivo + CA / QUE / DO QUE + 2º termo
está máis fresca ca / que unha leituga
está máis fresca do que aparenta
 INFERIORIDADE MENOS + adxectivo + CA / QUE / DO QUE + 2º termo
é menos suave ca unha lixa!
está menos triste do que pensabamos


LEMBRA:
A forma COMA é obrigatoria ante pronome persoal. A forma COMO é obrigatoria ante verbos.
A forca CA é obrigatoria ante pronome persoal. A forma DO QUE é obrigatoria ante verbos.
Ante substantivos, adxectivos, adverbios... tanto podemos utilizar COMO coma COMA, tanto CA como DO QUE.




O adxectivo by Román Cerqueiro Landín
Ligazóns:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367233647/contido/ODE_retrato/retrato/o_grao_do_adxectivo.html

https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_Adxectivo/A_gradaci%C3%B3n

http://aprendogalego.com/apgal_fin/2-Substfin/o_adxectivo.html

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm

martes, 13 de novembro de 2018

Esquematizar



Esquematizar consiste en ordenar graficamente as palabras, frases, ideas, clasificacións, consecuencias, clases, conceptos, características, datos…



            Unha condición importante para realizar ben os teus esquemas é o acerto que logres ao subliñar as ideas dun texto.

            . Pero, que é un esquema? É un escrito onde se consignan as ideas dun texto debidamente xerarquizadas.

            . Características dun esquema ben feito:

                        - Ideas formuladas por oracións simples.
                        - Ideas principais xunto á marxe esquerda do papel.
                        - Ideas secundarias, debaixo moi á dereita.
                        - Ideas terciarias xunto á marxe dereita.
                   - A presentación ou disposición do escrito deberá gardar equilibrio con amplos espazos brancos.
                      - A formulación das ideas farase con linguaxe persoal e non con frases do texto que se está esquematizando.
                        - Utilizaranse signos de realce como:
                                   . Números romanos e arábigos.
                                   . Letras maiúsculas e minúsculas.
                                   . Cores.
                                   . Puntos grosos.
                                   . Frechas.
                                   . Chaves.
                                   . Recadros.
                                   . Guións longos...

            . É importante que o esquema sexa claro e que dunha simple ollada se localicen as ideas principais.

            . Se o esquema está ben feito será moi fácil realizar o resumo do texto.
                        Unha diferenza notoria entre o esquema e o resumo consiste en que rapidamente se advirten no esquema, mirándoo de arriba cara a abaixo, as ideas esenciais dun texto; mentres que no resumo, para averiguar o contido, hai que lelo de esquerda a dereita e liña por liña.






EXEMPLO:


a) Lemos o texto:

            O núcleo lingüístico de Cantabria que constitúe o novo romance esténdese inicialmente en tres direccións: ao Oeste avanza por territorio leonés e desarraiga as vellas formas lingüísticas, que quedan confinadas cara a Galicia, onde darán lugar ás do actual galego, quedando, ademais, como formas arcaizantes o bable, que se fala en Asturias; o saiagués, conservado na provincia de Zamora, e as formas dialectais do Bierzo, ao NO. da provincia de León (mirandés e maragato)
            Cara ao Este, o castelán ocupa lentamente, por un lado, considerables territorios de Álava, onde se falaba vasco; por outro, vai desaloxando as formas dialectais catalanoaragonesas que, non só ocupaban a totalidade do reino de Aragón, senón que chegaban ata Navarra e a Rioxa. Baste dicir que o xograr de Medinaceli que escribiu o "Poema de Mío Cid" en 1140 está frecuentemente influído por formas catalanoaragonesas. O dialecto aragonés conservouse durante toda a Idade Media e tiña características parecidas ao catalán.
            Finalmente, cara ao Sur, a cuña lingüística castelá realiza o seu máis rápido e decisivo avance, desarraigando, como di Menéndez Pidal, as antigas formas romances mozárabes e creando formas castelás que adquiren específicas características andaluzas.


b) Subliñamos as ideas principais:

                        O núcleo lingüístico de Cantabria que constitúe o novo romance esténdese inicialmente en tres direccións: ao Oeste avanza por territorio leonés e desarraiga as vellas formas lingüísticas, que quedan confinadas cara a Galicia, onde darán lugar ás do actual galego, quedando, ademais, como formas arcaizantes o bable, que se fala en Asturias; o saiagués, conservado na provincia de Zamora, e as formas dialectais do Bierzo, ao NO. da provincia de León (mirandés e maragato)
            Cara ao Este, o castelán ocupa lentamente, por un lado, considerables territorios de Álava, onde se falaba vasco; por outro, vai desaloxando as formas dialectais catalanoaragonesas que, non só ocupaban a totalidade do reino de Aragón, senón que chegaban ata Navarra e a Rioxa. Baste dicir que o xograr de Medinaceli que escribiu o "Poema de Mío Cid" en 1140 está frecuentemente influído por formas catalanoaragonesas. O dialecto aragonés conservouse durante toda a Idade Media e tiña características parecidas ao catalán.
            Finalmente, cara ao Sur, a cuña lingüística castelá realiza o seu máis rápido e decisivo avance, desarraigando, como di Menéndez Pidal, as antigas formas romances mozárabes e creando formas castelás que adquiren específicas características andaluzas.



c) Procedemos a facer o esquema:


            AS TRES DIRECCIÓNS DA CUÑA CASTELÁ E OS SEUS EFECTOS.


. Cara ao Oeste AVANZA polo territorio Leonés
            - Desarraiga as vellas formas, que se chaman
                        . en Galicia=              GALEGO
                        . en Asturias=             BABLE
                        . en Saiago=               SAIAGUÉS
                        . no Bierzo=               MIRANDÉS
                                                            MARAGATO

. Cara ao Este
            - OCUPA territorios de Álava
            - DESALOXA dialectos catalanoaragoneses
                                   (Aragón, Navarra, A rioxa)

                  Exemplo: formas catalanoaragonesas no "Poema do Mío Cid"

. Cara ao Sur
            - DESARRAIGA o mozárabe
            - Crea formas castelás con caracteres andaluces.



Resumir

Imos tentar aprender a facer un bo RESUMO:


     . Se subliñas ben e acertas co esquema, o resume sairache só; o único que tes que facer é consignar as ideas máis cercanas á marxe esquerda unha detrás doutra, separadas por punto e seguido.

     . Resumir é apuntar o contido esencial dun texto coa cuarta parte da súa expresión.

     . Transcribe as ideas principais do texto coa túa propia linguaxe.

     . Non escribas frases longas nin uses oracións moi complexas.
    
     . Non uses ningún signo de realce. Limítate a escribir unha frase tras outra e coa claridade que permita entender, na primeira lectura, o contido do texto resumido.

     . Algo importante: que non se noten saltos entre as ideas do teu resume. Usa, para iso, os elementos de enlace que necesites.

     . Acostúmate a empregar oracións coa orde lóxica dos seus elementos: suxeito, verbo, atributo ou complemento. É un dato importante para lograr claridade e concisión.



EXEMPLO:


a)Lemos o seguinte texto:

Xunto á poesía cortesá, o século XV presencia o desenrolo do Romancero vello, constituído na súa orixe por fragmentos dos vellos cantares de xesta sobre don Rodrigo, os Infantes de Lara, o Cid...; estes fragmentos -integrados por unha serie de versos octosílabos, con asonancia nos pares- foron imitados no mesmo século polos xograres nos "romances xograrescos", cun asunto que non se limita á tradición épica castelá: xorden así os de "historia antiga", os de "tema francés" -carolinxio ou bretón-, os "novelescos soltos", os "líricos", os "fronteirizos" -en torno ás últimas loitas da Reconquista-...
     Transmitidos oralmente, alcanzaron un extraordinario éxito, debido á súa encantadora simplicidade e á súa variedade, xa que neles pode atoparse dramatismo, cor, emoción lírica, ironía maliciosa... Aínda que os anónimos romances vellos seguiron cantándose en España e América durante séculos, dende finais do século XVI coexistiron cos "romances artísticos", escritos polos grandes poetas do momento -Cervantes, Lope, Góngora, Quevedo...-, sobre outros asuntos -pastoriles, mitolóxicos, relixiosos, etc- e cun estilo artificioso e brillante.
     Os romances vellos foron recollidos nos chamados "Romanceros" ou "Cancioneiros de romances"; o mesmo sucedeu coas "cancións líricas" -zéjeles, vilancicos...- que   viñan transmitíndose oralmente dende había séculos.       

          

b)En primeiro lugar subliñamos as ideas que nos parecen máis importantes:

         Xunto á poesía cortesá, o século XV presencia o desenrolo do Romancero vello, constituído na súa orixe por fragmentos dos vellos cantares de xesta sobre don Rodrigo, os Infantes de Lara, o Cid...; estes fragmentos -integrados por unha serie de versos octosílabos, con asonancia nos pares- foron imitados no mesmo século polos xograres nos "romances xograrescos", cun asunto que non se limita á tradición épica castelá: xorden así os de "historia antiga", os de "tema francés" -carolinxio ou bretón-, os "novelescos soltos", os "líricos", os "fronteirizos" -en torno ás últimas loitas da Reconquista-...
     Transmitidos oralmente, alcanzaron un extraordinario éxito, debido á súa encantadora simplicidade e á súa variedade, xa que neles pode atoparse dramatismo, cor, emoción lírica, ironía maliciosa... Aínda que os anónimos romances vellos seguiron cantándose en España e América durante séculos, dende finais do século XVI coexistiron cos "romances artísticos", escritos polos grandes poetas do momento -Cervantes, Lope, Góngora, Quevedo...-, sobre outros asuntos -pastoriles, mitolóxicos, relixiosos, etc- e cun estilo artificioso e brillante.
     Os romances vellos foron recollidos nos chamados "Romanceros" ou "Cancioneiros de romances"; o mesmo sucedeu coas "cancións líricas" -zéjeles, vilancicos...- que   viñan transmitíndose oralmente dende había séculos.                             


c) Logo escribimos o resumo:

     No século XV desenvólvense os romances vellos, fragmentos procedentes de vellos cantares de Xesta. Eran series de octosílabos con asonancia nos pares que os xograres imitaron. Ditos romances, transmitidos oralmente, triunfaron pola súa simplicidade e variedade. Dende o século XVI conviviron cos romances artísticos. Estes foron escritos polos grandes poetas do momento con outros asuntos e estilo máis artificioso. Os romances vellos foron recollidos nos chamados "Romanceros".