. Se subliñas ben e acertas co esquema, o
resume sairache só; o único que tes que facer é consignar as ideas máis
cercanas á marxe esquerda unha detrás doutra, separadas por punto e seguido.
. Resumir é apuntar o contido esencial dun
texto coa cuarta parte da súa expresión.
. Transcribe as ideas principais do texto
coa túa propia linguaxe.
. Non escribas frases longas nin uses
oracións moi complexas.
. Non uses ningún signo de realce. Limítate
a escribir unha frase tras outra e coa claridade que permita entender, na
primeira lectura, o contido do texto resumido.
. Algo importante: que non se noten saltos
entre as ideas do teu resume. Usa, para iso, os elementos de enlace que
necesites.
. Acostúmate a empregar oracións coa orde
lóxica dos seus elementos: suxeito, verbo, atributo ou complemento. É un dato
importante para lograr claridade e concisión.
EXEMPLO:
a)Lemos o seguinte texto:
Xunto á poesía cortesá, o século XV presencia o desenrolo do Romancero vello, constituído na súa orixe por fragmentos dos vellos cantares de xesta sobre don Rodrigo, os Infantes de Lara, o Cid...; estes fragmentos -integrados por unha serie de versos octosílabos, con asonancia nos pares- foron imitados no mesmo século polos xograres nos "romances xograrescos", cun asunto que non se limita á tradición épica castelá: xorden así os de "historia antiga", os de "tema francés" -carolinxio ou bretón-, os "novelescos soltos", os "líricos", os "fronteirizos" -en torno ás últimas loitas da Reconquista-...
Transmitidos oralmente, alcanzaron un
extraordinario éxito, debido á súa encantadora simplicidade e á súa
variedade, xa que neles pode atoparse dramatismo, cor, emoción lírica,
ironía maliciosa... Aínda que os anónimos romances vellos seguiron cantándose
en España e América durante séculos, dende finais do século XVI coexistiron
cos "romances artísticos", escritos polos grandes poetas do momento -Cervantes,
Lope, Góngora, Quevedo...-, sobre outros asuntos -pastoriles,
mitolóxicos, relixiosos, etc- e cun estilo artificioso e brillante.
Os romances vellos foron recollidos nos
chamados "Romanceros" ou "Cancioneiros de romances"; o
mesmo sucedeu coas "cancións líricas" -zéjeles, vilancicos...-
que viñan transmitíndose oralmente
dende había séculos.
b)En primeiro lugar subliñamos as ideas que nos parecen máis importantes:
Xunto á poesía cortesá, o século XV
presencia o desenrolo do Romancero vello, constituído na súa orixe por fragmentos
dos vellos cantares de xesta sobre don Rodrigo, os Infantes de Lara, o
Cid...; estes fragmentos -integrados por unha serie de versos
octosílabos, con asonancia nos pares- foron imitados no mesmo século
polos xograres nos "romances xograrescos", cun asunto que non
se limita á tradición épica castelá: xorden así os de "historia
antiga", os de "tema francés" -carolinxio ou bretón-,
os "novelescos soltos", os "líricos", os
"fronteirizos" -en torno ás últimas loitas da Reconquista-...
Transmitidos oralmente, alcanzaron un
extraordinario éxito, debido á súa encantadora simplicidade e á súa
variedade, xa que neles pode atoparse dramatismo, cor, emoción lírica,
ironía maliciosa... Aínda que os anónimos romances vellos seguiron cantándose
en España e América durante séculos, dende finais do século XVI coexistiron
cos "romances artísticos", escritos polos grandes poetas do momento -Cervantes,
Lope, Góngora, Quevedo...-, sobre outros asuntos -pastoriles,
mitolóxicos, relixiosos, etc- e cun estilo artificioso e brillante.
Os romances vellos foron recollidos nos
chamados "Romanceros" ou "Cancioneiros de romances"; o
mesmo sucedeu coas "cancións líricas" -zéjeles, vilancicos...-
que viñan transmitíndose oralmente
dende había séculos.
c) Logo escribimos o resumo:
No século XV desenvólvense os romances
vellos, fragmentos procedentes de vellos cantares de Xesta. Eran series de
octosílabos con asonancia nos pares que os xograres imitaron. Ditos romances,
transmitidos oralmente, triunfaron pola súa simplicidade e variedade. Dende o
século XVI conviviron cos romances artísticos. Estes foron escritos polos
grandes poetas do momento con outros asuntos e estilo máis artificioso. Os
romances vellos foron recollidos nos chamados "Romanceros".
Ningún comentario:
Publicar un comentario