martes, 18 de setembro de 2018

Encántame

A primeira tarefa deste curso será escribir un poema no que falemos daquilo que nos encanta facer, aquelas actividades que nos resultan máis pracenteiras, aquilo co que soñamos... como fai a protagonista deste álbum, unha nena que ama contarnos todo o que lle encanta: acariñarse detrás da orella, as cousas que di a amiga da súa mamá, poñer os seus pés sobre os do seu pai e facer boliñas co miolo do pan; encántalle divertirse, pelexar, que a queiran e que a mimen; encántalle ser nena. Así que tentade lembrar o que máis vos ten gustado dos momentos vividos ata agora. Ide máis alá, onde aquel pequeno momento que semellaba insignificante ponvos un sorriso na face que dura moito tempo e así irán sucedéndose lembranzas e emocións de toda a vosa vida. Cómpre reparar nos pequenos detalles e darlles a importancia que verdadeiramente teñen.


“Me encanta que la abuela me enseñe las fotos de mamá cuando era pequeña y diga: Cómo se parecía  a ti, era casi tan bonita como tú.”
“Sacar la mano por la ventana cuando vamos en el coche, a toda velocidad y sentir la fuerza del viento.”
“Pegar la cara contra el cristal helado y dibujar un corazón con la nariz, en el vaho.”
“Pasearme por toda la casa con los zapatos de tacón de mamá.”
“Ponerme la falda de volantes y dar vueltas para ver su vuelo.”
“Poner los pies encima de los zapatos enormes de papá y caminar juntos por el salón.”
“Pegar la cara contra el cristal helado y dibujar un corazón con la nariz, en el vaho.”
“Cuando mi madre me mide y dice: ¡Es increíble!, a ver, ¿seguro que no te has puesto de puntillas? ¡Entonces has crecido mucho!”
“A mí me encantan las horquillas, los Casadielles, bañarme en la playa con mi perro y arrancarme las postillitas cuando ya están secas ¿Ya tí? ¿Qué es lo que te encanta?”


luns, 17 de setembro de 2018

Scrapbooking

Unha das tarefas que imos realizar ao longo deste curso será a de levar unha libreta ben especial. Unha libreta que teña aquelas frases, versos, pensamentos... que vos chamen a atención. O importante é centrarse nesta frase e arredor dela decorar a páxina na que estades.. A decoración que escollades debe estar relacionada con ese verso ou frase escollido.
Tedes miles de vídeos e ideas en internet:
http://www.laimaginadora.com/blog/484/

http://www-en-rhed-ando.blogspot.com.es/2011/10/como-hacer-y-empezar-con-el.html#.VBnrZBY0ZnQ


Eu escollinvos algún vídeo que vos deixo aquí por se vos serven de algo...:

domingo, 16 de setembro de 2018

Lemos

Aínda que hai que ler, hai que ler o que vos guste. Lemos para gozar, para viaxar, para voar, para soñar... non para nos examinar.
Aquí tedes un monllo de libros entre os cales podedes escoller segundo os vosos gustos.





.- Aleixandre, Marilar. Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros. Editorial Galaxia
.- Alapont, Pasqual. O inferno de Marta. Editorial Xerais
.- Alonso, Fran. Street Poems. Editorial Xerais
.- Appanah, Nathacha. O derradeiro irmán. Editorial Xerais
.- Cajaraville, Héctor.  A caixiña dos rancores. Vidas cruzadas. Editorial Xerais
.- Calveiro, Marcos. Todos somos. Editorial Xerais 
.- Caride, Ramón.O regreso de Sheila e Said. Editorial Xerais
.- Carranza, Maite. Palabras envelenadas. Editorial Edebé
.- Casalderrey, Fina. Asústate, Merche!. Editorial Xerais
.- Casalderrey, Fina. Mutacións xenéticas. Editorial Xerais
.- Castro, Francisco. IridiumEditorial Galaxia
.- Comino, Sandra. A casiña azul. Editorial Galaxia
.- Costas, Ledicia. A balada dos unicornios. Editorial Xerais
.- Costas, Ledicia. As peripecias de Estravaganzza Pérez. Editorial Xerais
.- Costas, Ledicia. Unha estrela no vento. Editorial Xerais
.- Costas, Ledicia. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Editorial Xerais
.- Dahl, Roal. Matilda. Alfaguara
.- Domínguez Alberte, Xoán Carlos. Soneto no alfabetoEditorial Galaxia
.- Fernández Paz, Agustín. Amor dos quince anos, Marilyn. Editorial Xerais
.- Fernández Paz, Agustín. Cartas de inverno. Editorial Xerais
.- Fernández Paz, Agustín. Rapazas. Editorial Xerais
 .- Fontán, Calo. Marta ante o espello. Editorial Xerais
.- Fraga, Antonio Manuel. Escaquis e Romeu. Editorial Xerais
.- Frank, Ana: Diario. Faktoría K
.- García Teijeiro, Antonio e Reigosa, Antonio. Lendo lendas, digo versos. Editorial Xerais
.- Jaureguizar: Un misterio para Tintimán... Editorial Xerais
.- Jennings, Paul. Que desfeita!Editorial Galaxia
.- Kelly, Jacqueline.  A evolución de Calpurnia TateFaktoría K de libros
.- Lindgren, Astrid. Pippi mediaslongas. Editorial Kalandraka
.- Lienas, Gemma. O diario violeta de Carlota. Editorial Galaxia
.- London, Jack. A chamada da selva. Editorial Xerais
.- Maceiras, Andrea. O que sei do silencio. Editorial Xerais
.- Maceiras, Andrea. Proxecto Bolboreta. Editorial Xerais
.- Martín, Paco. Das novas cousas de Ramón LamoteEditorial Galaxia
.- Mayoral, Marina. Tristes armas. Editorial Xerais
.- Mejuto, Eva. 22 segundos. Editorial Xerais
.- Misa, Iria. Mamá, quero ser Ziggy Stardust. Editorial Xerais
.- Morosinotto, Davide. Nemo. Editorial Xerais
.- Pemón Bouzas. A Estrela de Oriente. Unha historia dos Reis Magos. Editorial Xerais
.- Postais do CamiñoEditorial Galaxia
.- Reimóndez, María. Corredora. Editorial Xerais
.- Reimóndez, María. Fóra do normal. Editorial Xerais
.- Ricart Leal, Raquel. O caderno de Ánxela. Editorial Galaxia
.- Roca, Paco. Enrugas. El Patito Editorial
.- Sierra i Fabra, Jordi e García Teijeiro, Antonio. Contos e poemas para un mes calqueraEditorial Oxford
.- Sierra i Fabra, Jordi. O caso do falso accidenteEditorial Galaxia
.- Stevenson, Robert Louis. A illa do tesouro. Editorial Xerais
.- Tolkien, J. R. R. O hobbit. Editorial Xerais
.- Tournier, Michael. Venres ou a vida salvaxe. Editorial Xerais 
.. Vasconcelos, José Mauro. A miña planta de laranxa lima. Editorial Primera persona
.- Vázquez Freire. Anxos en tempos de chuvia. Editorial Xerais 
.- Verne, Jules. A volta ao mundo en 80 días. Editorial Xerais
.- Wilde, Oscar. A pantasma de Canterville e outros contos. Editorial Xerais
.- Yáñez Rodríguez, Antía. O misterio de PortomarínEditorial Galaxia
 

sábado, 15 de setembro de 2018

Comezamos!





Xa sabedes que non temos libro de texto físico, xa que este curso traballaremos en E-Dixgal, é dicir, temos o libro de texto no ordenador.

Ademais, debedes ter un Caderno  para  exercicios escritos (mellor de follas intercambiábeis): obrigatorio e a disposición do profesor. Nel iredes vendo os vosos progresos na escrita, unha parte ben importante do curso. Pódovolo pedir en calquera momento, polo que teredes que telo sempre coidado e non o podedes esquecelo na casa.
Lembrade: ESCRIBIR É UN LABOR DIFÍCIL, e teremos que corrixir unha e mil veces para irmos mellorando. Pero esta será unha das partes fundamentais do curso.




A materia divídese en catro apartados:

1.- Haberá dous exames por avaliación que constituirán o peso específico da nota, un 50%, por tanto, 5 puntos. Os exames inclúen tanto aspectos de Literatura ou Sociolingüística dados na aula, como Vocabulario visto na clase. Asemade incluirán algunha pregunta de Gramática, expresión escrita e de Comprensión de textos.
2.- A Expresión e Comprensión Oral constitúe un 20% da nota. Para poder acadar este valor teremos que utilizar sempre a lingua de noso na aula; si, falar castelán penaliza. 
3.- A Expresión e Comprensión escrita  valorarase con outro 20%. Estes exercicios poderanse realizar ben na casa ben na aula. 
4.- Os libros de lectura constitúen un 10% da nota.


Para superar a materia, cómpre unha media de 5 nas avaliacións, pero para que se poida realizar esta media non se poderá baixar dun 3. Cada avaliación terá unha recuperación no seguinte trimestre.
En setembro, claro está, entra toda a materia, agás a oralidade.
En todas as probas e traballos escritos valorarase a expresión escrita, podendo restar ata 2 puntos por estes aspectos: presentación incorrecta, imprecisións terminolóxicas, incoherencias no texto, erros de cohesión (nexos inapropiados e mala puntuación do texto) e incorreccións ortográficas. Estas últimas descontarán do seguinte xeito: a acentuación non diacrítica -0,05 e o resto dos erros -0,1.

 


Teredes que ler dous libros por avaliación; teredes que facer unha recensión obrigatoriamente deles. Nesta recensión valorarase sobre todo a argumentación e a expresión, mellorándoa de cada vez .. Aínda que están marcados, non vos preocupedes se non vos gustan, porque podedes ler o que vos pete, é dicir, dentro dunha listaxe moi ampla que eu vos ofrezo, posto que considero que debemos ler por pracer é non por obriga.

Os primeiros dez minutos da hora de clase serán sempre para ler

 Os libros poderedes escollelos na biblioteca entre unha ampla listaxe que abarca todos os gustos; se estades interesad@s nalgún outro que non figura, preguntades se é axeitado e se o é, engadirase a esa proposta inicial. Se a min non me gusta que me impoñan ningún libro, coido que a vós tampouco. Iso si, estamos para aconsellar sobre lectura. Non esquezades: nalgunha parte hai un libro para ti. Hai que procuralo. Por suposto, levarei un control dos libros que leades.

Asemade, teredes a oportunidade de mellorar as vosas notas da avaliación coa lectura dun libro optativo e posterior recensión do libro, podendo subir ata 1 punto esa nota. Sempre que se teña na media dos dous exames da avaliación un 4 como mínimo.