Xa sabedes que non temos libro de texto físico, xa que este curso traballaremos en E-Dixgal, é dicir, temos o libro de texto no ordenador.
Ademais, debedes ter un Caderno para exercicios
escritos (mellor de follas intercambiábeis): obrigatorio e a
disposición do
profesor. Nel iredes vendo os vosos progresos na escrita, unha parte ben
importante do curso. Pódovolo pedir en calquera momento, polo que
teredes que telo sempre coidado e non o podedes esquecelo na casa.
Lembrade: ESCRIBIR É UN LABOR DIFÍCIL, e teremos que corrixir unha e mil veces para irmos mellorando. Pero esta será unha das partes fundamentais do curso.
Lembrade: ESCRIBIR É UN LABOR DIFÍCIL, e teremos que corrixir unha e mil veces para irmos mellorando. Pero esta será unha das partes fundamentais do curso.
A materia divídese en catro apartados:
1.- Haberá dous exames por avaliación que constituirán o peso específico da nota, un 50%, por tanto, 5 puntos. Os exames inclúen tanto aspectos de Literatura ou Sociolingüística dados na aula, como Vocabulario visto na clase. Asemade incluirán algunha pregunta de Gramática, expresión escrita e de Comprensión de textos.
2.- A Expresión e Comprensión Oral constitúe un 20% da nota. Para poder acadar este valor teremos que utilizar sempre a lingua de noso na aula; si, falar castelán penaliza.
3.- A Expresión e Comprensión escrita valorarase con outro 20%. Estes exercicios poderanse realizar ben na casa ben
na aula.
4.- Os libros de lectura constitúen un 10% da nota.
4.- Os libros de lectura constitúen un 10% da nota.
Para superar a materia, cómpre unha media de 5 nas avaliacións, pero para que se poida realizar esta media non se poderá baixar dun 3. Cada avaliación terá unha recuperación no seguinte trimestre.
En setembro, claro está, entra toda a materia, agás a oralidade.
En todas as probas e traballos escritos valorarase a expresión escrita, podendo restar ata 2 puntos por estes aspectos: presentación incorrecta, imprecisións terminolóxicas, incoherencias no texto, erros de cohesión (nexos inapropiados e mala puntuación do texto) e incorreccións ortográficas. Estas últimas descontarán do seguinte xeito: a acentuación non diacrítica -0,05 e o resto dos erros -0,1.
Os primeiros dez minutos da hora de clase serán sempre para ler.
Os libros poderedes escollelos na biblioteca entre unha ampla listaxe que abarca todos os gustos; se estades interesad@s nalgún outro que non figura, preguntades se é axeitado e se o é, engadirase a esa proposta inicial. Se a min non me gusta que me impoñan ningún libro, coido que a vós tampouco. Iso si, estamos para aconsellar sobre lectura. Non esquezades: nalgunha parte hai un libro para ti. Hai que procuralo. Por suposto, levarei un control dos libros que leades.
Asemade,
teredes a oportunidade de mellorar as vosas notas da avaliación coa
lectura dun libro optativo e posterior recensión do libro, podendo subir
ata 1 punto esa nota. Sempre que se teña na media dos dous exames da avaliación un 4 como mínimo.


Ningún comentario:
Publicar un comentario