mércores, 20 de febreiro de 2019

Perífrases verbais

As perífrasis verbais son complexos verbais (sintagmas verbais) formados por dúas ou tres palabras:

-verbo auxiliar en forma conxugada;
-verbo auxiliado en forma non conxugada: infinitivo, xerundio ou participio;
-pode aparecer un nexo entre ambos:
-as preposicións de, a, para, por
-ou a conxunción que:
non o deches amañado, deberemos de amañalo, tes que amañalo

Este complexo verbal presenta unidade formal e significación conxunta:
-o verbo auxiliar aporta o significado gramatical: número e persoa, modo e tempo;
-o auxiliado dá o significado léxico.
A diferencia con outras combinacións semellantes de dous verbos (sei comer, quedou pensando), nas que o verbo auxiliar ou conxugado conserva o seu significado, nas perífrases non achega significado léxico: dou amañado (nada dou), tes que amañalo (nada tes).

Segundo o significado, diferenciamos as seguintes clases:

1. TEMPORAIS

Indican futuridade ou inminencia (algunhas aportan o matiz de intención). Só se constrúen con infinitivo.

Ir + infinitivo: vou ir a Muros, vou comer (intención)
Evitar o castelanismo: *vou a ir a Muros, *vou a comer.

Estar a/para + infinitivo: está para chegar, está a caer.
está a caer pode ser tamén aspectual imperfectiva: está caendo.
Haber (de) + infinitivo: hei (de) avisar, habemos (de) facelo.

Haber (pretérito) (de) + infinitivo: houbo (de) caer, houben (de) morrer.
Indica inminencia non cumprida no pasado.
Hai quen a considera aspectual imperfectiva.
Querer + infinitivo:
Con verbos referidos á meteoroloxía: parece que quere chover.
Cando o suxeito é un ser inanimado: as roseiras queren agromar.

2. MODAIS

Indican obrigación ou probabilidade. Só se constrúen con infinitivo.

2.1.Obrigativas:
Hai que + infinitivo: hai que estudar, hai que gañar como sexa.
Haber (de) + infinitivo: has (de) facer o que manden.
Ter que/de + infinitivo: tedes que levalo, tiña de ser así.
Deber (de) + infinitivo: deben (de) esforzarse máis.

2.2. Hipotéticas:
Haber (de) + infinitivo: han (de) ser as doce, ha (de) facelo nunha hora.
Deber (de) + infinitivo: debeu (de) pasar algo.
Poder + infinitivo (probabilidade): pode ter corenta anos, podo fallar.

3. ASPECTUAIS:

3.1. Imperfectivas: Indican acción non acabada, en desenvolvemento.
Constrúense con xerundio ou infinitivo xerundial.

Estar + xerundio ou a + infinitivo: está traballando, está a traballar.
Andar + xerundio ou a +infinitivo: anda falando, anda a falar.
Levar + xerundio ou a + infinitivo: leva horas falando/a falar.
Seguir + xerundio: aínda andas amolando?
Ir + xerundio: imos indo, vou fartando de ti.
Vir + xerundio: vén cantando coma se nada.
Poden indicar un proceso gradual (vaise achegando) ou ter un matiz reiterativo (leva moitos anos adestrando)

3.2. Perfectivas: Expresan a acción como acabada, un proceso rematado.
Xunto coas reiterativas constrúense con participio.

Acabar de + infinitivo: acaba de chegar, acabei de ler o poema.
Deixar(se) de + infinitivo: ao verme deixou de fochicar na gabeta.
Dar + participio: custoume, pero dei rematado; non dan acabado a obra.
Levar + participio: levo andado moito mundo, moito levo aturado.
Tamén valor reiterativo: moitos exames levo feito.
Ter + participio: sinto non ter chegado a tempo
Tamén valor reiterativo: moitas teño feito.
Ir + participio: o camiño xa vai andado.

3.3. Reiterativas: Expresan a repetición dunha acción.

Volver + infinitivo: volveulle dar unha recaída, volvereicho dicir.
Nunca con prep.: volve estar de moda / * volve a estar de moda.
Ter + participio: téñocho dito moitas veces, moitas lle teño contado.
Levar + participio: moitas luras levo matado.

3.4. Incoativas: Expresan o inicio dunha acción.

Comezar/empezar a + infinitivo: empezou a nevar.
Botar(se) a + infinitivo: botouse a chorar, botamos todos a correr.
Poñerse a + infinitivo: e vai e ponse a berrar.
Dar en + infinitivo: deu en falar e falar… e non paraba.
Romper a +infinitivo: ao oílo rompeu a rir.

3.5. Terminativas: Indican a acción no seu remate.

Chegar a + infinitivo: chegou a dicir que eras parvo.
Vir a + infinitivo: ao final veu a descubrirse a verdade.
Acabar por + infinitivo: acabou por se anoxar.


4. VOZ PASIVA: Ser + participio (a declaración foi lida polo secretario)
Pode considerarse unha perífrase ou analizarse como unha oración simple atributiva (o participio sería o atributo). É de uso moi escaso na escrita e case inexistente la lingua oral.

Verbos irregulares

Presentan raíces distintas:
  • unha de pretérito para pretérito e antepretérito de indicativo, pretérito e futuro de subxuntivo,
  • outra de presente para o resto dos tempos;
  • poden presentar outras irregularidades noutros tempos ou persoas;
  • moitos destes verbos estenden a raíz da p1 do pste. de indicativo a todo o pste. de subxuntivo: caibo, caiba; veño, veña; vallo, valla …
A seguir aparecen os máis usuais, conforme o seguinte criterio:
  • evitamos citar formas do paradigma estándar cando coinciden coa nosa fala;
  • reparamos nas formas que adoitan usarse incorrectamente por castelanismo,
  • e nas que, por dialectalismo de noso, non coinciden co estándar.
  • Cando o estimamos oportuno, poñemos a continuación do pretérito a p1 dos tempos que levan a mesma raíz;
  • os tempos (pste., pretér.…) son de indicativo, de non indicarmos outro modo.
CABER
Pste.: caibo, cabes, cabe…
Pretér.: couben, coubeches… (coubera, coubese)
Pste. subx.: caiba, caibas
Desviacións:
  • castelanismos coa raíz *quep- : *quepo, *quepa, *quepamos
  • regularización coa raíz cab- para pretérito…: *cabín, *caberamos…
  • regularización con *cab- no canto de caib-: *cabo, *caba, *cabas…
  • uso abusivo de coller por caber:
non collo por esa porta, non creo que colla:
non caibo por esa porta, non creo que caiba.

DAR
Pste.: dou, dás,
Pretér.: dei, deches, deu, demos, destes, deron.
Pres. subx.: dea, deas …
A evitar:
  • castelanismo *de, *des… para pste. de subx. : que mo *de: que mo dea;
  • dialectalismo *din por dei para a p1 do pretér.: *din as grazas: dei as grazas;
  • as formas dá, dás levan til diacrítico: non dá as grazas, vén da praia;
  • dialectalismo de noso *dou para a p3 do pretér.( dou é só pste.):
hoxe non lle dou (pste.) as grazas, onte non mas deu (pretér.) el,
hoxe non lle dou (pste.) as grazas, onte non mas *dou (pretér.) el.
DICIR
Pste.: digo, dis, di, dicimos, dicides, din.
Copretér.: dicía... (dicindo…)
A evitar:
  • castelanismos coa raíz *dec-: *decimos, *decía, *decindo…e *dicen
  • nós temos a forma dialectal *decer (*deser con seseo)
ESTAR
Pretér.: estiven, estiveches… (estivera, estivese)
Pste. subx.: estea, esteas …
A evitar:
  • a raíz de pretérito *estuv-: *estuven, *estuvera, *estuvese…
  • *esté no canto de estea: non creo que *estés: non creo que esteas
FACER
Pste.: fago, fas, fai, facemos, facedes, fan
Pretér.: fixen, fixeches… (fixera, fixese, fixer…)
Pste. Subx. : faga, fagas… Participio: feito
HABER
Pste.: hei, has, ha/hai, habemos, habedes, han.
Pretér.: houben, houbeches… (houbera, houbese)
Pres. subx.: haxa
A evitar:
  • castelanismo *huben…
  • é dialectalismo de noso *haba,* habas… no canto de haxa.
IR
Pste. : vou, vas, vai, imos, ides, van.
Copretér.: ía, ías
Pretér.: fun, fuches, foi, fomos, fostes, foron. Coincide co do verbo ser.
Pste. subx.: vaia, vaias …
Imperativo: vai, vamos, ide.
Vamos:
  • usámolo con valor imperativo (normalmente podémolo substituír por vaiamos: vamos dunha vez! vamos, veña!
  • nunca con valor de pste. indicativo: vós ides amodo, nós imos con présa; vós *vades amodo, nós *vamos con présa.
A evitar no copretér., no canto de ía:
- castelanismo *ibas, *ibas… - forma dialectal de noso:*iña, *iñas…
PARIR
Pste.: pairo, pares, pare…
Pretér.: parín, pariches... (parira, parise...)
Pste. Subx. : paira, pairas, paira…
Evitar a regularización: *paro para o mes, oxalá *para sen dor; pairo para o mes, oxalá paira sen dor.
PODER
Pste.: podo, podes …
Pretér.: puiden, puideches … (puidera, puidese, puider)
Pste. subx. : poida, poidas…
A evitar:
  • castelanismo *pud- para pretér.: *puden, *pudera, *pudese…
  • *poido para a p1 do pste.
  • a nosa forma dialectal *poda, *podas… para pste. de subx.
POÑER ou PÓR (forma sincopada de poñer)
Podemos usar ambas raíces para moitas formas.
Pste.: poño, pos, pon, po(ñe)mos, poñedes ou pondes, poñen.
Copretér.: poñía… ou puña…
Pretér.: puxen, puxeches … (puxera, puxese)
Pospretér.: po(ñe)ría … Futuro: po(ñe)rei…
Pres. subx.: poña, poñas …
Infinitivo conxugado: poñer ou pór, po(ñe)res ou pores…
Xerundio: po(ñe)ndo.
Conxúganse igual os derivados: antepoñer/antepor, compoñer/compor, dispoñer/dispor, expoñer/expor, repoñer/repor…
PRACER
Pste.: prazo, praces, prace…
Pretér.: prouguen, prougueches, prougo… (prouguera, prouguese…)
Pste. Subx. : praza, prazas, praza
Os derivados apracer, compracer, despracer non seguen o modelo na raíz de pretérito, son regulares: comprázome, non creo que iso me compraza compraceume, xa o compracera / *compróugome, xa o *comprouguera.
QUERER
Pste.: quero, queres, quere…
Pretér.: quixen… (quixera, quixese…) Futuro: quererei… Pospretér.: querería
Pste. subx.: queira, queiras
Son dialectalismos de noso:
apócope *quer: non me quere, non me *quer;
quira para pste. subx.: oxalá os *quira / queira.
SABER
Pretér.: souben, soubeches … (soubera, soubese)
Pste. subx.: saiba, saibas
A evitar:
  • castelanismo coa raíz *sup- para pretér.: *supen, *supera, *supese…
  • castelanismo coa raíz *sep- para pste. subx.: *sepa, *sepamos…
  • *soup- para pretérito: *soupen, *soupese...
  • é dialectalismo *sab- para pste. subx.: *saba, *sabamos…
SER
Pste.: son, es, é, somos sodes, son.
Pretér,: fun, fuches, foi, fomos, fostes, foron (fora, fose, for)
Pste. subx. : sexa, sexas…
A evitar:
  • os castelanismos *eres: *eres un trapalleiro: es un trapalleiro; e *sea, *seas…: oxalá *sea certo: oxalá sexa certo;
  • son dialectalismos:
    • *seña: non creo que *seña así: non creo que sexa así.
    • ti *fostes, vós *fóstedes: non *fostes ti, *fóstedes vós: non fuches ti, fostes vós.
TER
Pres.: teño, tes, ten, temos, te(n)des, teñen.
Pretér.: tiven, tiveches … (tivera, tivese, tiver)
A evitar o castelanismo *tuv- para pretérito: oxalá as *tuvese, oxalá as tivese.
Conxúganse igual os derivados: abster, ater, conter, deter, entreter (*entretener), manter, reter, soster.
TRAER
Pres.: traio, traes, trae …
Pretér.: trouxen .. (trouxera, trouxese, trouxer)
Pres, subx. : traia, traias …
Son dialectalismos de noso:
-ausencia de –i- intervocálico : *trao, *traa, *traamos…
-*trai no canto de trae: non mas *trai: non mas trae;
-raíz *trougu- (trough- coa gheda) para pretérito:
non o *troughen, non creo que mo *troughese;
non o trouxen, non creo que mo trouxese.
Os derivados son regulares: abstraer, atraer, contraer, distraer, extraer, retraer, subtraer (*substraer):

non me distraín: non me *distrouxen
aínda que me distraese: aínda que me *distrouxese
extraéronme un vulto: *estrouxéronme un vulto
nada me atraeu máis: nada me *atrouxo máis
VALER
Pres.: vallo, vales, vale …
Pretér.: valín, valiches, valeu ...
Pres. subx.: valla, vallas, valla …
A evitar: *valo; *vala, valas…: eu para iso non *valo: para iso non vallo; non creo que me *valan: non creo que me vallan.
Conxúgase igual equivaler.
VER
Pres,: vexo, ves, ve …
Copretér.: vía, vías …
Pretér.: vin, viches, viu, vimos, vistes, viron.
Reparar: viu de ver / veu de vir: Veu ao país e viu a fame que se pasa.
Evitar *veía, *veías…
VIR
Pres.: veño, vés, vén, vimos, vi(n)des, veñen.
Pretér.: vin, viñeches, veu, viñemos, viñestes, viñeron (viñera…)
Imperativo: ven, vi(n)de
Reparar no til diacrítico de vés, vén:
con eses lentes non ves nada, ¿vés comigo ao oculista?
os veciños non a ven, pero ela vén decote acompañada.
ven acó!

Valores dos modos e dos tempos verbais

INDICATIVO (modo non marcado, expresa a realidade)
Presente (ando, varro, parto):
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito esta tarde.
2.1. Presente intemporal ou permanente: o carballo é unha árbore.
Realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de validez ilimitada.
2.2. Presente habitual: temos clase polas mañás.
Accións que se repiten con regularidade.
2.3. Presente por futuro (prospectivo): vémonos mañá.
Acción futura.
2.4. Presente histórico: Rosalía publica Cantares Gallegos o 17 de maio de 1863.
Acción pasada: frecuente en narracións para dar viveza e proximidade psicolóxica.
2.5. Presente imperativo: Ti fas todo o que che manden.

Copretérito ou imperfecto (andaba, varría, partía)
1. Tempo pasado, aspecto imperfectivo: moi ben o pasabamos no verán.
Tamén, valor relativo relacionado con outro tempo: cando cheguei á casa, saía Lula.
2.1. De cortesía: eu quería saber se venden ordenadores.
Para preguntar ou pedir algo.
2.2. Narrativo: Unha vez había un home ao que lle medraba a orella dereita.
Con certa vaguidade temporal.

Pretérito ou pretérito perfecto (andei, varrín, partín)
1. Tempo pasado en relación ao presente, aspecto perfectivo: chegou onte pola noite.
2.1. Anterior a un momento futuro: cando chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativo: o coche que che prometín creo que xa o viches.

Antepretérito ou pluscuamperfecto (andara, varrera, partira):
1.Acción anterior a outra pasada: cando cheguei á estación xa marchara o tren.
2.1. De cortesía: quixera que me deixase unha cousa.
2.2. Desiderativo: quen me dera esa moto!
Este tempo pode aparecer en contextos idénticos aos do pretérito de subxuntivo (non sabía que estiveras, non sabía que estiveses). Pero a forma en -se non pode aparecer cos valores do antepretérito de indicativo: cando cheguei, xa *marchase o tren.

Pospretérito ou condicional, futuro hipotético (andaría, varrería, partiría)
1. Acción posterior con respecto ao pasado: dixo que despois che faría o encargo.
2. Probabilidade (sen significado temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.

Futuro (andarei, varrerei, partirei)
1. Acción que se realizará despois do presente: pasadomañá xogaremos un partido.
2.1. De obrigatoriedade: mañá estudarás máis.
2.2. De probabilidade: terá cincuenta anos.


SUBXUNTIVO (modo da irrealidade; no terreo do desexo, da posibilidade…)

Presente (ande, varra, parta)
  1. Tempo presente: dille que vaia hoxe.
  2. Tempo futuro: quero que fagas todo isto.
  3. Imperativo: non berres que non son xordo.
Pretérito (andase, varrese, partise)
Pode indicar pasado, presente ou futuro, dependendo da situación na que se estea a falar: aconselloume que vise aquela película, non creo que chegase aínda.

Futuro (andar, andares…)
Acción non real con probabilidade de realizarse: cando viñeres pola casa, veralo.
(Vid. máis adiante)

IMPERATIVO: Expresa ordes, suxerencias, consellos…
Só ten como formas propias as p2 e p5: anda, andade; varre, varrede; parte, partide. Nas outras persoas emprégase o presente de subxuntivo:
responde ao que che preguntan,
que respondan ao que lles preguntan.

Exercicios sobre o verbo

https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/verbo


http://moradiasdovento.blogspot.com/2013/04/exercicios-interactivos-sobre-o-verbo.html



https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo1.htm 



http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud3_01.html?orix=mor&tema=mor_ud3_01.html 


http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud3_02.html?orix=mor&tema=mor_ud3_02.html

Verbos con alternancia vocálica

Verbos con alternancia vocálica no lexema.
a) Verbos que trocan o e en i en formas dos presentes e no imperativo : advertir, divertir, referir, repetir, espir, dixerir, suxerir, medir, pedir ...
mido, mides, mide, medimos, medides, miden(presente de indicativo)
mida, midas, mida, midamos, midades, midan (presente de subxuntivo)
mide, medide (imperativo)

b) Verbos que presentan e (semiaberto en posición tónica) ou i nos presentes e no imperativo : ferir, seguir, sentir, servir, mentir e derivados: perseguir, consentir, desmentir, etc.
firo, feres, fere, ferimos, ferides, feren (presente de indicativo)
fira, firas, fira, firamos, firades, firan (presente de subxuntivo)
fire, feride (imperativo)
c) Verbos con alternancia u / o no presente de indicativo: acudir, bulir (derivs.), cubrir (comp.), cumprir (= precisar), cuspir, durmir, engulir, fundir (=render) fuxir, lucir (derivs.), muxir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (derivs.), xunguir, tusir, ulir, xurdir
acudo, acodes, acode, acudimos, acudides, acoden (presente de indicativo)
acuda, acudas, acuda, acudamos, acudades, acudan (presente de subxuntivo)
acude, acudide (imperativo)

d) Verbos en -er que teñen -e- ou Y como últimas vogais do lexema. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal semiaberta:
bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
como, comes, come, comemos, comedes, comen
ler, crer, rir (reler, sorrir ...):
leo, les, le, lemos, ledes, len, (presente de indicativo)
lea, lía, lerei, lería, lin, lera ... (outros)
caer, doer, moer, roer, oír, saír, derivados de traer... intercalan i nalgunhas formas:
caio, caes, cae, caemos, caedes, caen (presente de indicativo)
caia, caias, caia, caiamos, caiades, caias (presente de subxuntivo)
cae, caede (imperativo)
caía, caías, caía, caïamos, caïades, caían (copretérito)
saio, saes, sae, saímos, saídes, saen (presente de indicativo)
saia, saias, saia, saiamos, saiades, saian (presente de subxuntivo)
sae, saíde (imperativo)
saía, saías, saía, saïamos, saïades, saían (copretérito)



Verbos con alternancia vocálica (mudan unha vogal da raíz)
1. Verbos da CII que levan o ou e como última vogal da raíz: abren o timbre da vogal soamente nas p2, p3, p6 do presente de indicativo:

/ɛ/ bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
/ɔ/ como, comes, come, comemos, comedes, comen

Pero non no imperativo, que leva vogal pechada: come, comede; bebe, bebede. Reparade na diferente pronuncia: non come nada, fronte a come dunha vez!

Non o fan así, pois presentan sempre:
-timbre aberto: querer, quecer, esquecer; poder
-timbre pechado: deber, crer, ler, sobreser (e derivados)
e os rematados en –cer (parecer…)

2. Mudan /u/ por /ɔ/ algúns verbos da CIII que teñen u como última vogal do lexema (tamén nas p2, p3 e p6 do presente de indicativo): Son os verbos tipo subir, tusir:
subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben;
tuso, toses, tose, tusimos, tudides, tosen.
Tampouco no imperativo: o rapaz tose moito / rapaz, tuse tres veces!
Seguen este modelo, xunto cos derivados::
acudir;
bulir:
rebulir;
cubrir:
descubrir
encubrir
recubrir;
cumprir*;
cuspir (*escupir);
durmir;
engulir (“tragar”);
fundir*;
fuxir;
lucir:
deslucir
relucir…;
mulir*;
muxir;
pulir;
ruxir;
sacudir;
subir;
sufrir;
sumir:
consumir
ensumir;
tusir (*toser);
ulir;
urdir;
xunguir
xurdir

cumprir: só o verbo defectivo que significa “ser preciso, ser mester”: cómpre máis auga. Non cumprir cos restantes significados: a filla cumpre quince anos, non cumpren as normas.
fundir co significado de “render”: este xabón non fonde nada. Non fundir co significado de “licuar, dar forma”: o sol funde o xeo, mañá funden a escultura.
mulir: “abrandar, amolecer”, “botar mulime ou batume”.

3. Os verbos da CIII tipo pedir mudan o e da raíz por i nalgunas persoas e tempos:
  • presente indicativo (p1,2,3,6): pido, pides, pide, pedimos, pedides, piden.
  • presente de subxuntivo (todo): pida, pidas…
  • imperativo (p2): pide pedide.
Conxúganse así:
adherir;
advertir
divertir;
agredir
transgredir;
conferir
diferir
inferir
preferir
referir
transferir;
competir
repetir;
concernir
discernir;
espelir;
espir (*desnudar);
dixerir
inxerir
suxerir;
inserir (“introducir”);
medir;
pedir (e derivados)
reflectir (*reflexar);
vestir
investir
revestir

4. Cinco verbos da CIII, xunto cos seus derivados, presentan tripla alternancia:
servir
ferir
malferir
mentir
desmentir
sentir
asentir
consentir
resentir
seguir
conseguir
perseguir
proseguir
  • /ɛ/nas p2, p3, p6 do presente de indicativo: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven;
  • /i/ na p1 do presente de indicativo: sirvo
en todo o presente de subxuntivo: sirva, sirvas…, sirvamos…
na p2 do imperativo: sirve, servide

O verbo regular

Non hai tempos compostos na conxugación dos verbos galegos 


1ª CONXUGACIÓN :andar
2ª CONXUGACIÓN: bater
3ª CONXUGACIÓN: vivir
Presente de indicativo
Presente de indicativo
Presente de indicativo
ando
andas
anda
andamos
andades
andan
bato
bates
bate
batemos
batedes
baten
vivo
vives
vive
vivimos
vivides
viven
Copretérito de indicativo
Copretérito de indicativo
Copretérito de indicativo
andaba
andabas
andaba
andabamos
andabades
andaban
batía
batías
batía
batiamos
batiades
batían
vivía
vivías
vivía
viviamos
viviades
vivían
Pretérito de indicativo
Pretérito de indicativo
Pretérito de indicativo
andei
andaches
andou
andamos
andastes
andaron
batín
batiches
bat
eu
batemos
batestes
bateron
vivín
viviches
viviu
vivimos
vivistes
viviron
Futuro de indicativo
Futuro de indicativo
Futuro de indicativo
andarei
andas
anda
andaremos
andaredes
andan
baterei
bates
bate
bateremos
bateredes
baten
vivirei
vivis
vivi
viviremos
viviredes
vivin
Antepretérito de indicativo
Antepretérito de indicativo
Antepretérito de indicativo
andara
andaras
andara
andaramos
andarades
andaran
batera
bateras
batera
bateramos
baterades
bateran
vivira
viviras
vivira
viviramos
vivirades
viviran
Pospretérito
Pospretérito
Pospretérito
andaría
andarías
andaría
andariamos
andariades
andarían
batería
baterías
batería
bateriamos
bateriades
baterían
viviría
vivirías
viviría
viviriamos
viviriades
vivirían
Presente de subxuntivo
Presente de subxuntivo
Presente de subxuntivo
ande
andes
ande
andemosos
andedes
anden
bata
batas
bata
batamos
batades
batan
viva
vivas
viva
vivamos
vivades
vivan
Pretérito de subxuntivo
Pretérito de subxuntivo
Pretérito de subxuntivo
andase
andases
andase
andásemos
andásedes
andasen
batese
bateses
batese
batésemos
batésedes
batesen
vivise
vivises
vivise
vivísemos
vivísedes
vivisen
Futuro de subxuntivo
Futuro de subxuntivo
Futuro de subxuntivo
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren
vivir
vivires
vivir
vivirmos
vivirdes
viviren
Imperativo
Imperativo
Imperativo
anda
and
ade
bate
bat
ede
vive
viv
ide
Infinitivo
Infinitivo
Infinitivo
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren
vivir
vivires
vivir
vivirmos
vivirdes
viviren
Xerundio
Xerundio
Xerundio
andando batendo vivindo
Participio
Participio
Participio
andado batido vivido


  • R = Raíz.
  • VT = Vogal temática.
  • SMT = Sufixo modo temporal.
  • SNP = Sufixo número persoal.

Caracterización morfolóxica do verbo
verbo

1. Raíz (R): aporta o contido léxico (lexema); é o único constituínte obrigatorio:
1.1. Será rizotónica se leva acento (and-o), arrizotónica se non o leva (and-a-ba)
1.2. Indica se un verbo é regular ou irregular (neste caso haberá unha raíz de presente e outra de pretérito). Tamén muda nos verbos con alternancia.

2. Vogal temática (VT): Indica a conxugación: primeira (CI), segunda (CII) ou terceira (CIII).
A maioritaria tirámola do infinitivo:
CI: -a-: and-a-r
CII: -e-: varr-e-r
CIII: -i-: part-i-r
Pero presenta alomorfos (variantes):
-ø-: nas seguintes persoas das tres conxugacións:
  • p1 do pste. de indicativo: and-ø-ø-o, varr-ø-ø-o, part-ø-ø-o;
  • todas do pste. de subxuntivo: and-ø-e-mos, varr-ø-a-mos, part-ø-a-mos.
CI: -e-, -o-: no pretérito: and-e-i (p1) and-o-u (p3)

CII: -i-: en todo o copretérito: varr-i-a-mos; no participio, varr-i-do;
e nas p1 e p2 do pretérito: varr-í-n, varr-i-ches.

CIII: -e-: p2, p3, p6 do pste. de indicativo: part-e-s, part-e, part-e-n.

3. Sufixo de modo e tempo (SMT): Indíca modo, tempo, aspecto.

a) Indicativo:
presente e pretérito: -ø-: and-a-ø-s; and-a-ø-ches.
copretérito: –ba- na CI: and-a-ba-mos; -a- nas CII e CIII: varr-i-a-mos, part-i-a-mos.
antepretérito: -ra-: and-a-ra-mos.
pospretérito: -ria-: and-a-ria-mos.
futuro: -re- / -ra-: and-a-re-mos, and-a-rá-s.

b) Subxuntivo:
presente: -e- na CI: and-ø-e-mos; -a- nas CII e CIII: varr-ø-a-mos, part-ø-a-mos.
pretérito: -se-: and-á-se-mos.
futuro: -r- / -re-: and-a-re-s, and-a-r-mos.
imperativo: -ø-: and-a-ø, and-a-ø-de.

c) Nas formas nominais indica máis ben substancia (infinitivo) ou aspecto (xerundio e participio):
infinitivo: -r: varr-e-r;
participio: -do: varr-i-do;
xerundio: -ndo: varr-e-ndo.

d) Infinitivo conxugado: -r- / -re-: varr-e-r-mos, varr-e-re-n.

4. Sufixo de número e persoa (SNP):

P1: na maioría: and-a-ba-ø, and-a-se-ø…
-o no pste. indicativo: and-ø-ø-o
-i no pretérito da CI: and-e-ø-i
-n no pretérito das CII e CIII: varr-í-ø-n

P2: -s en case todos os tempos: and-a-ba-s
-ches no pretérito: and-a-ø-ches
no imperativo: and-a-ø-ø-

P3: na maioría: and-a-ra-ø, and-a-ría-ø…
-u no pretérito: and-o-ø-u, varr-e-ø-u

P4: -mos sempre: and-a-re-mos, and-a-r-mos

P5: -des na maioría: part-i-re-des, and-a-ø-des
-stes no pretérito de indicativo: and-a-ø-stes
-de no imperativo: and-a-ø-de

P6: -n na maioría: part-i-rá-n, varr-e-se-n
-ron no pretérito: varr-e-ø-ron
Morfemas dos verbos regulares


  Cantar Comer Partir
Presente Indicativo cant-Ø-o*
cant-a-Ø-s
cant-a-Ø-Ø
cant-a-Ø-mos
cant-a-Ø-des
cant-a-Ø-n
com-Ø-o*
com-e-Ø-s
com-e-Ø-Ø
com-e-Ø-mos
com-e-Ø-des
com-e-Ø-n
part-Ø-o*
part-e-Ø-s
part-e-Ø-Ø
part-i-Ø-mos
part-i-Ø-des
part-e-Ø-n
Copretérito
(Imperfecto de indicativo)
cant-a-ba-Ø
cant-a-ba-s
cant-a-ba-Ø
cant-a-ba-mos
cant-a-ba-des
cant-a-ba-n
com-í-a-Ø
com-í-a-s
com-í-a-Ø
com-i-a-mos
com-i-a-des
com-í-a-n
part-í-a-Ø
part-í-a-s
part-í-a-Ø
part-i-a-mos
part-i-a-des
part-í-a-n
Pretérito de indicativo
(Perfecto de indicativo)
cant-e-Ø-i
cant-a-Ø-ches
cant-o-Ø-u
cant-a-Ø-mos
cant-a-Ø-stes
cant-a-Ø-ron
com-í-Ø-n
com-i-Ø-ches
com-e-Ø-u
com-e-Ø-mos
com-e-Ø-stes
com-e-Ø-ron
part-í-Ø-n
part-i-Ø-ches
part-i-Ø-u
part-i-Ø-mos
part-i-Ø-stes
part-i-Ø-ron
Antepretérito
(Pluscuamperfecto)
cant-a-ra-Ø
cant-a-ra-s
cant-a-ra-Ø
cant-a-ra-mos
cant-a-ra-des
cant-a-ra-n
com-e-ra-Ø
com-e-ra-s
com-e-ra-Ø
com-e-ra-mos
com-e-ra-des
com-e-ra-n
part-i-ra-Ø
part-i-ra-s
part-i-ra-Ø
part-i-ra-mos
part-i-ra-des
part-i-ra-n
Futuro de indicativo cant-a-re-i
cant-a-rá-s
cant-a-rá-Ø
cant-a-re-mos
cant-a-re-des
cant-a-rá-n
com-e-re-i
com-e-rá-s
com-e-rá-Ø
com-e-re-mos
com-e-re-des
com-e-rá-n
part-i-re-i
part-i-rá-s
part-i-rá-Ø
part-i-re-mos
part-i-re-des
part-i-rá-n
Pospretérito
(Condicional)
cant-a-ría-Ø
cant-a-ría-s
cant-a-ría-Ø
cant-a-ria-mos
cant-a-ria-des
cant-a-ría-n
com-e-ría-Ø
com-e-ría-s
com-e-ría-Ø
com-e-ria-mos
com-e-ria-des
com-e-ría-n
part-i-ría-Ø
part-i-ría-s
part-i-ría-Ø
part-i-ria-mos
part-i-ria-des
part-i-ría-n
Presente de subxuntivo cant-Ø-e-Ø
cant-Ø-e-s
cant-Ø-e-Ø
cant-Ø-e-mos
cant-Ø-e-des
cant-Ø-e-n
com-Ø-a-Ø
com-Ø-a-s
com-Ø-a-Ø
com-Ø-a-mos
com-Ø-a-des
com-Ø-a-n
part-Ø-a-Ø
part-Ø-a-s
part-Ø-a-Ø
part-Ø-a-mos
part-Ø-a-des
part-Ø-a-n
Pretérito de subxuntivo
(imperfecto de subxuntivo)
'
cant-a-se-Ø
cant-a-se-s
cant-a-se-Ø
cant-á-se-mos
cant-á-se-des
cant-a-se-n
com-e-se-Ø
com-e-se-s
com-e-se-Ø
com-é-se-mos
com-é-se-des
com-e-se-n
part-i-se-Ø
part-i-se-s
part-i-se-Ø
part-í-se-mos
part-í-se-des
part-i-se-n
Futuro de subxuntivo cant-a-r-Ø
cant-a-r-es
cant-a-r-Ø
cant-a-r-mos
cant-a-r-des
cant-a-r-en
com-e-r-Ø
com-e-r-es
com-e-r-Ø
com-e-r-mos
com-e-r-des
com-e-r-en
part-i-r-Ø
part-i-r-es
part-i-r-Ø
part-i-r-mos
part-i-r-des
part-i-r-en
Imperativo cant-a-Ø-Ø
cant-a-Ø-de
com-e-Ø-Ø
com-e-Ø-de
part-e-Ø-Ø
part-i-Ø-de
Infinitivo conxugado
'
cant-a-r-Ø
cant-a-r-es
cant-a-r-Ø
cant-a-r-mos
cant-a-r-des
cant-a-r-en
com-e-r-Ø
com-e-r-es
com-e-r-Ø
com-e-r-mos
com-e-r-des
com-e-r-en
part-i-r-Ø
part-i-r-es
part-i-r-Ø
part-i-r-mos
part-i-r-des
part-i-r-en

 PRESENTE: a acción que presenta ocorre no mesmo momento en que se fala:
"Varro a escaleira e axiña xogamos"
PRET.IMPERFECTO(copretérito): sinala a coincidencia da acción cun momento do pasado:
"Daquela comiamos moita froita"
PRET.PERFECTO(pretérito): indica unha acción anterior ó momento da fala:
"Hai dous días que andei pola praia"
P.PLUSCUAMPERFECTO(antepretérito): expresa unha acción rematada no pasado, anterior a outra tamén pasada:
"Cando falei contigo, xa varrera a escaleira"
FUTURO: expresa un acontecemento que vai vir con posterioridade ó momento presente:
"Mañá collerei as miñas cousas"
FUT.HIPOTÉTICO(pospretérito): serve para indicar un tempo futuro a partir dun momento do pasado:
"Avisou que chegarían onte a iso das cinco"  
 
SUBXUNTIVO
O modo da irrealidade, do desexable, do posible, ...
 
O FUTURO DE SUBXUNTIVO:
1. Forma: ten as mesmas desinencias que o infinitivo conxugado, de maneira que a súa forma pero nos verbos irregulares leva a raíz de pretérito:
  • coincide nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
  • é distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
infinitivo conxugado: dicirdes, quereren, caberes;
futuro de subxuntivo: dixerdes, quixeren, couberes.

2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse:
cando viñeres pola casa, veralo.

3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala, tal vez por presión do castelán, pero
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o ben e veña por onde quixer;
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.

IMPERATIVO
O modo das ordes, recomendacións, ...
 


INFINITIVO CONXUGADO Emprégase cando o infinitivo ten suxeito propio distinto do que leva o verbo principal:
"Pasou iso por andaren coma tolos" 

1. Fórmase sobre a base do infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos irregulares: and-a-r, and-a-re-s, and-a-r, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n

2. Emprégase nos seguintes casos:


2.1. Cando leva suxeito distinto ao do verbo da oración dominante: entrou na casa sen o saberen os donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.

2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai antes: para achegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes, comede algo.
Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.

3. Non o usaremos nunca:

  • nas perífrases: tedes que traballar,
  • cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.
4. Úsase en frases completivas e circunstanciais do máis variado:

  • completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
  • circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):

  • finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
  • causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
  • temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
  • condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;
  • concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.



Son regulares: os verbos acabados en -cer (menos facer), -cir (menos dicir):
nazo, parezo, aparezo, renazo, conduzo, reduzo, produzo ... (1 ª presente de indicativo)
naces, pareces, apareces, renaces, conduces, produces ... (2ª presente de indicativo)
naza, pareza, apareza, renaza, conduza, produza ... (1ª presente de subxuntivo)
nacín, parecín, reducín, producín, conducín ... (1º pretérito)
reduciras, conduciras, produciras ... (2ª antepretérito)

Algúns verbos con futuro de indicativo e pospretérito regulares son:
caber, haber, poder, poñer/pór, querer, saber, saír, ter, valer, vir
caberei, habes, pode , poñeremos/poremos, quereredes, saben, terei, vales, (futuro)
v
iría, caberiamos, haberiades, poderían, poñería/poría, querería, saberiamos, sairiades, terían, valerei, virías ... (pospretérito)

Son da segunda conxugación, entre outros moitos, os seguintes verbos:
bater (combater, debater, rebater ...), correr (concorrer, escorrer, ocorrer, percorrer, transcorrer ...) derreter, fender, ferver, render, rexer, romper (corromper, interromper, prorromper ...), verter (converter, perverter ...), xemer
Mais: advertir, divertir, tusir... son da 3ª



1. Diferenzas da nosa fala co estándar:
1.1. As p4 e p5 de copretérito, antepretérito e pospretérito de indicativo son
  • graves: andabamos, andabades; andaramos, andarades; andariamos, andariades;
  • esdrúxulas na nosa fala: *andábamos, *andárades, *andaríamos…
Cómpre, polo tanto, non acentualas na escrita.
1.2. As p2 e p5 do pretérito levan como SNP
  • no estándar: -ches, -stes: ti andaches, vós andastes;
  • na nosa fala -stes, -stedes: ti *andastes, vós *andástedes
1.3. A VT da p2 do pretérito da CII é
  • no estándar -i- : ti com-i-ches, ti tem-i-ches;
  • na nosa fala -e-: ti *com-e-eches , *com-e-stes.
1.4. A p3 do pretérito das CII e CIII levan como VT
  • no estándar, a do seu infinitivo: varr-e-u de varr-e-r; part-i-u de part-i-r;
  • pero na nosa bisbarra harmonizámolas consonte a fala respectiva:
    • *varr-i-u, part-i-u na fala fisterrá norteña (de Louro para norte)
    • varr-e-u, *part-e-u na fala fisterrá sureña (de Muros para sur).
1.5. As p4 e p5 do infinitivo conxugado levan -r- como SMT
  • no estándar -r-: and-a-r-mos, and-a-r-des;
  • na nosa fala usamos -re-: *and-á-re-mos, *and-á-re-des.
2. Son regulares os verbos seguintes:
2.1. andar, coa raíz sempre and-: andei, andou, andarades, andasen…;
non *anduv- nin *andiv-: *anduven, *andivo, *andivera

2.2. Nos verbos regulares crer, ler, rir e derivados (descrer, reler, sorrir...) prodúcense certas contraccións: les, cres, ris; non *lees,* crees, *ries
liches, criches, riches; non *leiches,* creiches, *reiches
lemos, cremos, rimos…; non *leemos, *creedes, *reiron

2.3. Son regulares os rematados en

-cer
: acontecer, adoecer, agradecer, aparecer, coñecer (*conocer), crecer, obedecer, escurecer (*oscurecer), nacer…:
carezo, coñezo; obedeza, naza…; nunca *aparezco, *aparezca, *obedezca…

-cir
: conducir, introducir, producir, reducir, traducir…:
conduzo, conduza, conducín…; nunca *conduzco, *traduzca, *traduxen…
Exceptúanse os irregulares facer e dicir.

2.4. Son regulares os rematados en –uír: incluír, atribuír, construír, diminuír (*disminuír), posuír (*poseer)…:
inclúo, inclúa; posúo, posuín, posúa…;
non *incluio, *construia, *atribuia, *poseo…

2.5. Son regulares os rematados en
-ear: nomear (*nombrar), cear (*cenar), encadear (*encadenar)…:
nomeo, nomeei; ceo, ceei; encadeamos…

-oar
: amontoar, enxaboar, repoboar (*enxabonar), coar(*colar), perdoar (perdonar), magoar, acaroar, coroar, soar, abotoar, voar:
abotoo, abotoei, enxaboei, perdoe…;
nunca *abotonas, *repoblamos, *colar, *perdone, *coronado…

2.6. Introducen -i- na p1 do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo os verbos rematados en
-aer: caer (decaer, recaer)e os derivados de traer (este é irregular): atraer, distraer:
caio, caes…; caias, caias caia…; distraio, distraia, distraias…
Na nosa fala adoitamos facer *trao, *caamos
Reparemos: caiamos, saiamos son subxuntivos, fronte ao copretérito caïamos, saïamos, con diérese por mor de marcar o hiato; estas na nosa fala son esdrúxulas: *caíamos, *saíamos.

-oer: choer (“pechar”), doer, moer (remoer), proer (“picar o corpo”, *escocer), roer (corroer): moio, moiamos, roiades, doian… que na nosa fala facemos *doa, *roa…

-aír: saír, sobresaír…: saio, saian.
Cómpre evitar o castelanismo *salir (*salo, *salan…)

-oír: oír, desoír…: oio, desoiades, que na nosa fala adoitamos facer *oa, *desoan…
O verbo oír ten a variante ouvir, irregular, coas dúas raíces
ouv- en case todos os tempos: ouves, ouvía, ouviu, ouvise
ouz- só na p1 do pste. de indicativo: ouzo (logo ouves, ouve, ouvimos…)
e en todo o pste. de subxuntivo: ouza, ouzas