martes, 12 de febreiro de 2019

Proxecto ortográfico


O proxecto consistirá no deseño e construción dun xogo de mesa sobre ortografía da lingua galega.

Debedes pensar un bo nome para o xogo, que sexa orixinal. O xogo pode ser unha versión dos xogos tradicionais, como o Parchís, a Oca, o Trivial…
Pódese realizar en diferentes materiais: cartolinas, papeis de cores, madeira… e débese decorar. Ademais, podedes utilizar un dado e cartas con preguntas.
O xogo debe ser obrigatoriamente sobre ortografía. 

Podedes formular diferentes tipos de preguntas: 
 - Un exercicio no que apareza un texto con incorreccións ortográficas e/ou de puntuación e haxa que seleccionar, entre tres alternativas posibles, aquela que recolla o número exacto de erros ortográficos presentes no texto.
-         -  Un exercicio no que se propoñan dúas opcións e haxa que escoller a opción correcta
-      - Un exercicio no que se establezan catro alternativas, unha das cales presentará unha incorrección ortográfica ou de puntuación que hai que localizar.
-       -   Unha pregunta teórica ou un exercicio de calquera tipo cuxa resposta sexa si ou non.
-     -  Unha pregunta teórica na que haxa que escoller a opción correcta entre catro alternativas que se presenten.


Xunto co deseño final, debedes entregar varios traballos. Os dous primeiros son por cada membro do equipo, é dicir, todos e todas debedes entregar estes traballos de xeito individual. Os demais son colectivos.

Traballo individual:
  1. Un manual de instrucións que explique o funcionamento e as normas do xogo.
  2. Un anuncio publicitario ben elaborado (en tamaño A4) no  que apareza o nome do xogo, imaxes e un eslogan.
Traballo en grupo:
  1. O proxecto de xogo: o xogo real e os bosquexos para confeccionalo.
  2. Un vídeo onde se ofreza un simulacro do funcionamento do xogo: debe ser unha gravación en linguaxe formal, onde se explique o mecanismo do xogo e como funciona unha partida.
 Aquí topei estes exemplos:











Desta forma, os CRITERIOS DE AVALIACIÓN son os seguintes:
  1. O proxecto de xogo: 60% da nota final
  2. Vídeo: 10%
  3. Manual de instrucións: 10%
  4. Anuncio publicitario: 10%
  5. Actitude:  10 %

Ningún comentario:

Publicar un comentario