mércores, 23 de xaneiro de 2019

O acento ortográfico


No galego só empregamos un acento, o acento agudo (´). Nunca debe omitirse o acento gráfico pois unha palabra pode variar totalmente de significado segundo o leve ou non. Son habituais as parellas de substantivo e forma verbal que se opoñen pola presenza ou ausencia do acento gráfico:
 ánimo / animo
diálogo / dialogo
hábito / habito
exército / exercito
público / publico

1.- PALABRAS AGUDAS (oxítonas). Ex.: chofer, chinés
- Acentúanse as palabras polisílabas rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, peóns.
- Non levan acento ortográfico:
a) Monosílabos: leis, el, ti.
b) As rematadas en ditongo decrecente (+ n, s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis.
c) As rematadas noutra consoante que non sexa –n ou -s: cantar, nariz, arroz.

2.- PALABRAS GRAVES (Paroxítonas). Ex.: atmosfera, biosfera, heroe
Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de-ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).
Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.

3.- PALABRAS ESDRÚXULAS (Proparoxítonas).
Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.

4.- As vogais  i, u
Independentemente das regras anteriores, levan acento ortográfico as vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, Coímbra, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo... (i, u non se acentúan cando entre elas e a átona aparece un h: prohibes)
Cando se combinan as vogais pechas (i / u) levan acento gráfico se a forza de voz recae sobre a segunda das vogais: xuízo, miúdo. Pola contra, non se acentúa se recae na primeira vogal; Tui, puido.




OBSERVACIÓNS
 


5.- As maiúsculas  seguen as regras xerais de acentuación, ex. Álvaro.

Os latinismos e palabras estranxeiras de circulación corrente (estranxeirismos), aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente. Así:
  • Palabras agudas: autobús, iglú, obús, organdí, popurrí, puré, ralentí, tabú, vermú, xampú, iglús, purés, xampús; aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol.
  • Palabras graves: accésit, béisbol, cénit, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem, smóking, superávit, tándem, télex, tótem; harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, pizza, quimono,ravioli, zombi.
  • Palabras esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson.
As palabras rematadas graficamente en -y teñen o mesmo tratamento ca as rematadas en -i: playboy, spray (coma convoi, samurai), hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky.
As palabras estranxeiras e latinismos poden carecer do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando se escriban destacadas para subliñar o seu carácter de estranxeirismo

6.- Non levan acento ortográfico os adverbios acabados en –mente, ex. facilmente, rapidamente
7.- Os demostrativos, o numeral un e o pronome persoal tónico el non levan acento ortográfico, ex: esta casa, dáme esta, foi el.
8.- Tampouco o levan os interrogativos e exclamativos: Como lle vai? Onde estás? Preguntoulle cal quería.
9.- O  pronome posposto ao verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o acento diacrítico: cóntallo, éme igual, dálle.



ACENTUACIÓN DIACRÍTICA
 
Utilízase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita pero que se diferencian polo seu timbre e teñen distinto significado.


á (a +a, substantivo)
a (artigo, pronome, preposición)
ás ( +as, substantivo)
as (artigo , pronome)
bóla (sfera)
bola (peza de pan)
 ( + a)
ca (conxunción comparativa)
cás (a + as)
cas (presposición)
chá (lana)
cha (che + a)
chás (lanas)
chas (che + as)
 (ca+o)
co (con + o)
cós (ca + os, substantivo)
cos (con + os)
cómpre (é preciso, é mester)
compre (merque)
cómpren (son mester)
compren (merquen)
 (verbo dar)
da (de + a)
dás (verbo dar)
das (de + as)
 (compaixón)
do (de + o)
é (verbo ser)
e (conxunción)
fóra (adverbio)
fora (verbos ser e ir)
 (ruín)
ma (me + a)
más (ruíns)
mas (me + as)
máis (adverbio de cantidade)
mais (conxunción, “pero”)
 (substantivo)
no (en + o)
nós (pronome tónico, substantivo)
nos (pronome átono, en +os)
ó (ao)
o (artigo, pronome)
ós (aos)
os (artigo, pronome)
óso (do corpo)
oso (animal)
 (parte do corpo)
pe (letra)
póla (rama)
pola (galiña, por + a)
pór (poñer)
por (preposición)
présa (apuro)
presa (prendida, presada)
 (verbo ser, sede eclesiástica)
se (conxunción, pronome)
 (adxectivo e adverbio)
so (preposición)
 (infusión)
te (letra, pronome)
vén (presente de vir)
ven (presente de ver, imperativo de vir)
vés (presente de vir)
ves (presente de ver)
vós (pronome persoal tónico)
vos (pronome persoal átono)
 


https://gl.wikisource.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_A_acentuaci%C3%B3n 


https://wikidog.xunta.gal/index.php/Acentuaci%C3%B3n_gr%C3%A1fica


EXERCICIOS:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1326967726/contido/ortografia/ortografia/exercicios2.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/1-ortografia/exercicio_1.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/1-ortografia/exercicio_2.html

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#2

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#3

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#4





http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/gal/exerciciosjclic/acentuacion/acentuacion.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario