mércores, 13 de marzo de 2019

A división silábica

As palabras divídense en sílabas, que son os golpes de voz con que as palabras se pronuncian.

As sílabas poden estar constituídas por un único son (neste caso, a sílaba será unha vogal: i-ma-xe, o-vo) ou por varios sons (combinacións de vogais ou de vogais e consoantes: ei-va, oi-to; trau-ma, co-te-no).
Segundo a pronuncia das vogais na sílaba, estas poden presentar diferentes realizacións sonoras:
  • Ditongo, cando dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba:
gai-tei-ra, ins-tau-rou
  • Tritongo, cando tres vogais se pronuncian na mesma sílaba:
a-de-cuou, saia
  • Hiato, cando dúas vogais contiguas se pronuncian en sílabas separadas:
he-ro-e, sa-ú-do

Na redacción, especialmente na manuscrita, a división silábica debe terse en conta para acentuar graficamente as palabras de maneira axeitada. Alén disto, tamén é importante coñecer algunhas regras sobre como dividir as palabras no final da liña ao escribirmos:
  • Cando temos que partir unha palabra en dúas liñas ou ringleiras diferentes, non podemos deixar unha vogal soa no final da liña nin no comezo da seguinte (*a-mizade, *arrepí-o).
  • Os dígrafos deben escribirse sempre xuntos (ama-lló).
  • As palabras compostas que se escriben con trazo débeno repetir no comezo da seguinte liña cando se dividen polo prefixo (ex- / -presidente).
  • O h intercalado non pode acabar a ringleira.
  • Un s que vai precedido dunha consoante e seguido doutra sempre forma sílaba coa primeira delas (trans-va-sar).

Lembra

A sílaba tónica é aquela onde recae a forza de voz ao pronunciarmos unha palabra. Se a dita palabra ten máis sílabas, o resto serán átonas.
Daquela, segundo a posición da sílaba tónica na palabra, esta pode ser:
  • Oxítona ou aguda. A sílaba tónica é a derradeira: man-tel, ru-, rou-si-nol.
  • Paroxítona ou grave. A sílaba tónica é a penúltima: pei-xe, me-do, crá-ter.
  • Proparoxítona ou esdrúxula. A sílaba tónica ocupa a antepenúltima posición: -se-ro, o-lim--a-da, -ma-ro.
  • Sobreesdrúxula. A sílaba tónica é anterior á antepenúltima: di--ron-vo-lo.
Cómpre advertir, xa que logo, que todas as palabras posúen acento, incluídas as monosílabas (identificado na sílaba tónica), mais só algunhas posúen un acento gráfico, exixido polas regras de ortografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario