| Letras | a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z |
|---|---|
| Dígrafos | ch, ll, nh, rr, gu, qu |
Non obstante, algunhas palabras gráfanse en galego con letras que non son propias do noso alfabeto, senón que proceden doutras linguas. Son os estranxeirismos ou préstamos lingüísticos. Fíxate:
- Escríbense con j /iota/: jazz, jeep, judoka, jumbo...
- Gráfanse con k /ka/ palabras procedentes de diversas linguas estranxeiras: bikini e anorak (do francés), karate (do xaponés), búnker (do inglés), kirguiz (do tártaro)... e tamén algúns símbolos fixados internacionalmente, como km (quilómetro) ou kg (quilogramo).
- Algunhas palabras con w /uve dobre/ son kiwi, sándwich, whisky, windsurf...
- Con y /i grego/ escríbense palabras como byte, hóckey, lycra, rugby, spray...
Os neoloxismos son palabras de creación recente nunha lingua, que poden xerarse desde dentro da propia lingua (beiravía) ou adaptarse desde outras linguas (tableta, micromecenado, teleformación...).
Ás veces, algunhas palabras xa existentes no léxico dunha lingua adquiren novas acepcións, revitalizando os seus usos en contextos eminentemente tecnolóxicos (rato, devasa, cancelo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario