No galego só empregamos un acento, o acento agudo (´). Nunca debe
omitirse o acento gráfico pois unha palabra pode variar totalmente de
significado segundo o leve ou non. Son habituais as parellas de
substantivo e forma verbal que se opoñen pola presenza ou ausencia do
acento gráfico:
ánimo / animo
diálogo / dialogo
hábito / habito
exército / exercito
público / publico
diálogo / dialogo
hábito / habito
exército / exercito
público / publico
1.- PALABRAS AGUDAS
(oxítonas).
Ex.: chofer, chinés
- Acentúanse as palabras polisílabas
rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún,
peóns.
- Non levan acento ortográfico:
a) Monosílabos: leis, el, ti.
b) As rematadas
en ditongo decrecente (+ n, s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu,
azuis.
c) As rematadas
noutra consoante que non sexa –n ou -s:
cantar, nariz, arroz.
2.- PALABRAS GRAVES (Paroxítonas). Ex.: atmosfera, biosfera, heroe
Levan acento ortográfico cando rematan
en consoante diferente de n,
s , ou en grupos consonánticos
distintos de-ns: álbum,
móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan
as que teñen ditongo
decrecente na última sílaba: amábeis).
Polo tanto: cantan,
cantas, lapis, canons, colons, dolmens.
3.- PALABRAS ESDRÚXULAS (Proparoxítonas).
Todas levan acento ortográfico: mágoa,
bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.
4.- As vogais i, u
Independentemente
das regras anteriores, levan acento ortográfico as vogais i,
u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal
átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, Coímbra, egoísmo,
miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo... (i, u non se
acentúan cando entre elas e a átona aparece un h:
prohibes)
Cando se combinan
as vogais pechas (i / u) levan acento gráfico se a forza de voz recae sobre a
segunda das vogais: xuízo, miúdo. Pola contra, non se acentúa se recae na
primeira vogal; Tui, puido.
OBSERVACIÓNS
5.- As maiúsculas seguen as regras xerais de acentuación, ex. Álvaro.
Os latinismos e palabras estranxeiras de circulación corrente (estranxeirismos), aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente. Así:
- Palabras agudas: autobús, iglú, obús, organdí, popurrí, puré, ralentí, tabú, vermú, xampú, iglús, purés, xampús; aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol.
- Palabras graves: accésit, béisbol, cénit, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem, smóking, superávit, tándem, télex, tótem; harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, pizza, quimono,ravioli, zombi.
- Palabras esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson.
As palabras estranxeiras e latinismos poden carecer do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando se escriban destacadas para subliñar o seu carácter de estranxeirismo
6.- Non levan
acento ortográfico os adverbios acabados en –mente, ex. facilmente, rapidamente…
7.- Os demostrativos, o numeral un e o pronome persoal tónico el non levan
acento ortográfico, ex: esta casa, dáme
esta, foi el.
8.- Tampouco o
levan os interrogativos e exclamativos: Como
lle vai? Onde estás? Preguntoulle cal quería.
9.- O pronome posposto ao
verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o acento diacrítico: cóntallo, éme igual, dálle.
ACENTUACIÓN DIACRÍTICA
Utilízase o acento gráfico
con función diacrítica para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na
escrita pero que se diferencian polo seu timbre e teñen distinto significado.
á (a
+a, substantivo)
|
a (artigo,
pronome, preposición)
|
ás (
+as, substantivo)
|
as (artigo
, pronome)
|
bóla (sfera)
|
bola (peza
de pan)
|
cá ( + a)
|
ca (conxunción
comparativa)
|
cás (a +
as)
|
cas (presposición)
|
chá (lana)
|
cha (che
+ a)
|
chás (lanas)
|
chas (che
+ as)
|
có (ca+o)
|
co (con
+ o)
|
cós (ca +
os, substantivo)
|
cos (con
+ os)
|
cómpre (é preciso,
é mester)
|
compre (merque)
|
cómpren (son
mester)
|
compren (merquen)
|
dá (verbo dar)
|
da (de +
a)
|
dás (verbo dar)
|
das (de +
as)
|
dó (compaixón)
|
do (de +
o)
|
é (verbo ser)
|
e (conxunción)
|
fóra (adverbio)
|
fora (verbos ser e ir)
|
má (ruín)
|
ma (me +
a)
|
más (ruíns)
|
mas (me +
as)
|
máis (adverbio
de cantidade)
|
mais (conxunción,
“pero”)
|
nó (substantivo)
|
no (en +
o)
|
nós (pronome
tónico, substantivo)
|
nos (pronome
átono, en +os)
|
ó (ao)
|
o (artigo,
pronome)
|
ós (aos)
|
os (artigo,
pronome)
|
óso (do
corpo)
|
oso (animal)
|
pé (parte
do corpo)
|
pe (letra)
|
póla (rama)
|
pola (galiña,
por + a)
|
pór (poñer)
|
por (preposición)
|
présa (apuro)
|
presa (prendida,
presada)
|
sé (verbo ser,
sede eclesiástica)
|
se (conxunción,
pronome)
|
só (adxectivo
e adverbio)
|
so (preposición)
|
té (infusión)
|
te (letra,
pronome)
|
vén (presente
de vir)
|
ven (presente
de ver,
imperativo de vir)
|
vés (presente
de vir)
|
ves (presente
de ver)
|
vós (pronome
persoal tónico)
|
vos (pronome
persoal átono)
|
https://gl.wikisource.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_A_acentuaci%C3%B3n
https://wikidog.xunta.gal/index.php/Acentuaci%C3%B3n_gr%C3%A1fica
EXERCICIOS:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1326967726/contido/ortografia/ortografia/exercicios2.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/1-ortografia/exercicio_1.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/1-ortografia/exercicio_2.html
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#2
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#3
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#4
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/gal/exerciciosjclic/acentuacion/acentuacion.htm