O pronome de solidariedade é unha forma do pronome átono de segunda persoa que se emprega cando se quere facer participar ao interlocutor (ou interlocutores) do que estamos a dicir, implicándoo afectivamente na acción expresada polo verbo.
A información que expresamos nunha oración non se ve alterada pola presenza ou ausencia do pronome de solidariedade. Distinguímolo dos outros pronomes en que, se o suprimimos, non se altera a frase.
- Eu márcholle que levo présa
- ¡Estache boa a comida!
- Évos unha boa cousa
- Estache unha tarde fantástica.
- Évos unha historia ben rara.
- Vaille unha calor impresionante.
As formas son distintas segundo sexan un ou varios interlocutores e segundo empreguemos o tratamento da familiaridade ou o de cortesía:
| Un interlocutor | Varios interlocutores | |
|---|---|---|
| Tratamento familiar | che | vos |
| Tratamento de cortesía | lle | lles |
Cando nos diriximos a varios interlocutores e temos, polo tanto, que usar a forma de plural do pronome de solidariedade, pode aparecer tamén unha forma redundante singular:
- Estáchevos boa a comida, Maruxa!
- Échevos unha boa cousa
O dativo de interese
É un pronome que indica a persoa que intervén na acción porque dela recibe proveito ou dano. As súas formas son "me" "che" "lle "nos" "vos" "lles"
| Sen dativo de interese | Con dativo de interese |
|---|---|
| Meu fillo aprobou moitas asignaturas | Meu fillo aproboume moitas asignaturas |
| Meu fillo non aprobou moitas asignaturas | Meu fillo non nos aprobou moitas asignaturas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario